Publicacións

CRÓNICA DAS HORAS VELLAS

Imaxe
CRÓNICA DAS HORAS VELLAS  (Agora que teño tempo...)     OS DÍAS GRISES  Lémbraste daqueles invernos...? Pasaban meses enteiros sen que se vira o sol; chovía sen parar, a auga  baixaba dende as Covas carrexando follas, pedras, e terra; as rúas semellaran ríos de lama, case non se podía andar e non había zocos nin zamarra que abondasen para tornala auga.  Os días eran curtos e grises, a electricidade fallaba de cote e quedabamos sen  corriente durante días e días; había que botar man dos candís ou das velas pa poder ver no medio da escuridade. Apenas había escampadas e botábase máis tempo ó pe da lareira que en calquera outro lugar da casa. Á beira do lume tornábase o frío e secábanse os zocos ó tempo que se asaban chourizos, torresmos, ou castañas. Os avós contaban historias de cousas que disque pasaran había moitos anos; ás veces espallaban fantasía, e outras chegaban a ser tan tétricas e misteriosas que ata daban medo. Eu nunca quixe...

ANACOS DE LUZ (Fotografía)

Imaxe
Patuñeira  Punto Praia de Camelle (Camariñas)  Refrexos   Arañeira orballada               Finca Real  - Negreira (A Coruña)    Finca Real  - Senda dos pelegríns Posta de sol - Espinho (Portugal) Paxareira/paxariños (Linaria triornithophora)      Percebeiros de Camelle ( Camariñas ) Falso té ( malaleuca alternifolia )     Ponte medieval no río Deza - Merza ( As Cruces ) Alegría de Guinea / Belém ( Impatiens walleriana )  Capela de O Corpiño (Lalín) Árbore de seda / Acacia de Constantinopla ( Albizia julibrissim )      Praia da Baía - Espinho (Portugal) Recuncho do río Arnoia ( Allariz )  Mosca "mata piollos" (Sphaerophoria scripta)  Noite no embarcadoiro- ( Porto do Son ) Xagarzo / Jaguarzo             Fósil (Costa da Morte)  Craviños (Clavel de poeta)  Herba da sorte / Botón de oro ( Ranúnculus acris )...